Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Sábado, 21 de abril de 2018
As mesas estarán abertas de 10.00 a 18.00 horas
A comunidade universitaria de Santiago e Lugo elixe o luns 23 o reitor e representantes en Claustro Universitario
Actualizada: 20-04-18 14:43
A comunidade universitaria de Santiago e Lugo elixirá o vindeiro luns 23 o futuro reitor da USC así como os representantes en Claustro Universitario. As 81 mesas electorais dispostas para esta xornada de votación permanecerán abertas entre as 10.00 e as 18.00 horas sen prexuízo do disposto para o voto anticipado.

Nestas eleccións están chamados a exercer o voto un total de 27.347 persoas, a maior parte do sector ... [máis]
Jorge Blanco, cuarto pola dereita, cos membros do grupo de investigación Laboratorio de Referencia de 'Escherichia coli' da USC
O Laboratorio de Referencia de Escherichia coli da USC, Premio Isabel Mínguez Tudela á Innovación en Sanidade Animal 2018
Actualizada: 20-04-18 14:08
O Laboratorio de Referencia de Escherichia coli da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC acada o VI Premio Isabel Mínguez Tudela á Innovación en Sanidade Animal 2018, un galardón a través do que a Fundación VET+i Plataforma Tecnolóxica Española de Sanidade Animal distingue o mellor resultado transferible de I+D+i en sanidade animal, polo proxecto de desenvolvemento dunha vacina  ... [máis]
‘Perfiles, factores e contextos no ensino e aprendizaxe de ELE/EL2' é o lema desta edición
A USC acollerá en setembro o XXIX Congreso Internacional da Asociación para a Ensinanza de Español como Lingua Estranxeira
Actualizada: 20-04-18 13:35
Ao longo de tres xornadas do vindeiro mes de setembro, a USC será sede do XXIX Congreso Internacional da Asociación para a Ensinanza do Español como Lingua Estranxeira (ASELE), organización internacional que conta con máis de oitocentos profesores, estudantes e profesionais de preto de cincuenta países dedicados a investigador e ensinar o español como segunda lingua. ‘Perfiles, factores e contextos no ensino e aprendizaxe de ELE/EL2’ será o tema desta edición do congreso, que contará con  ... [máis]
Cartel das dúas competicións de orientación que acolle este sábado o Monte Pedroso
O Servizo de Deportes organiza no Monte Pedroso o Campionato Galego Universitario de Orientación
Actualizada: 20-04-18 14:15
O Campionato Galego Universitario de Orientación, así como o Escolar, disputarase este sábado 21 no Monte Pedroso de Santiago. O centro de competición estará emprazado no parque a Granxa do Xesto e as acreditacións e entrega de dorsais poderá realizarse dende as 9.30 horas, mentres que a saída dos primeiros corredores está programada para ás 10.30 horas.

A competición desenvolverase ... [máis]
De esquerda a dereita, Laura Cruz, Carmen Morán e María Barba, na sede da Fundación La Caixa
La Caixa premia un proxecto de educación social desenvolvido pola USC e a asociación Aliad-Ultreia no cárcere de Monterroso
Actualizada: 20-04-18 11:09
O proxecto de educación social ‘Participa para transformar. Un proceso de cambio en prisión a través da animación sociocultural’, unha iniciativa desenvolvida no cárcere de Monterroso polo grupo de investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (Sepa-Interea) da USC, coordinado por José Antonio Caride Gómez, en colaboración coa Asociación Aliad-Ultreia de Lugo, vén de ser recoñecido cun dos ... [máis]
Araceli Corbo, do MUSAC, explicará na USC as estratexias dixitais máis innovadoras no sector cultural
Araceli Corbo, do MUSAC, explicará na USC as estratexias dixitais máis innovadoras no sector cultural
Actualizada: 20-04-18 12:48
A relación entre as TIC e as redes sociais e os museos evolucionou ata o punto de pasar de seren realidades alleas, e mesmo contrapostas, a descubrirse como aliadas. Un equilibrio ao que se chega cando os profesionais da xestión cultural apostan polas posibilidades do eido dixital e os da comunicación cultural comprenden as necesidades específicas das institucións culturais.

Todo ... [máis]
Seminario práctico sobre edición e tradución da obra do poeta valenciano Vicent Andrés Estellés
Seminario práctico sobre edición e tradución da obra do poeta valenciano Vicent Andrés Estellés
Actualizada: 20-04-18 13:42
Co motivo da Diada de Sant Jordi, este luns 23 de abril a Área de Filoloxía Catalá da USC organiza o seminario práctico ‘Editar e Traductir a Vicent Andrés Estellés’. Dedicado a un dos poetas valencianos máis importantes da segunda metade do século XX para conmemorar o 25 aniversario da súa morte, o seminario impartirao Jordi Oviedo, especialista na súa obra e co editor dalgúns volumes da Nova Obra ... [máis]
Acto de graduación da promoción 2014-2018 da Facultade de Filoloxía
Actualizada: 20-04-18 10:45
O reitor Juan Viaño presidirá este sábado 21 a graduación do alumnado da Facultade de Filoloxía que cursou este estudos neste centro no período 2014-2018. A sesión celebrarase a partir das 17.30 horas no Auditorio de Galicia.

O acto comenzará coa intervención das madriñas e padriños das distintas promoción: José Virgilio García Trabazo en representación dos padriños/madriñas de Filoloxía ... [máis]