Saltar ao contido principal
Xornal

A alumna ferrolá Area Caldevilla recolleu o primeiro premio da Olimpíada Galega de Economía

Actualizada: 04-06-2010 09:02
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os gañadores da Olímpiada e os membros do comité organizador

A estudante Area Caldevilla Pita, do IES Saturnino Montojo de Ferrol, recolleu este luns en Santiago o diploma que a acredita como gañadora da I Olimpíada Galega de Economía que se celebrou na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USc o pasado venres. O alumno do Colexio compostelán Manuel Peleteiro Alberto José Cortegoso Vaamonde quedou nun segundo posto, sendo terceiro o alumno Augusto Javier Mosquera Blanco do Colexio Maristas santa María de Ourense.

A entrega de diplomas tivo lugar na Facultade compostelá nun acto presidido polo vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán, e que contou ademais coa asistencia dos membros do comité organizador.

Os tres estudantes premiados poderán participar, con todos os gastos pagos, na I Olimpíada Española de Economía que terá lugar en Valencia os días 1, 2 e 3 de xullo de 2009. Ademais quedarán exentos das taxas de matrícula para cursar estudos de Economía ou Administración e Dirección de Empresas en calquera das universidades públicas galegas. 

Patrocinada por Caixanova, esta primeira edición estivo organizada polos decanos de Ciencias Económicas e Empresariais e Administración e Dirección de Empresas das tres universidades galegas e o equipo directivo da Asociación Galega de Ensinantes de Economía en Secundaria (AGAEDES).