Saltar ao contido principal
Xornal

O reitor Juan Casares recibiu ao seu homólogo ecuatoriano da Universidade Técnica Particular de Loja

Actualizada: 06-09-2010 14:16
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita, Juan Casares, José Barbosa e Francisco Campos en San Xerome
Profundar en vías de colaboración que contribúan á formación de doutores foi un dos eixos do encontro entre o reitor Juan Casares e o seu homólogo da Universidade Técnica Particular de Loja (Ecuador), José Barbosa.
 
Acompañados do profesor Francisco Campos, os dous reitores intercambiaron pareceres sobre as posibilidades que os actuais programas internacionais de cooperación ofrecen para a formación de persoal investigador e a colaboración na formación de doutores procedentes do país americano.

No encontro puxéronse tamén de manifesto as actuais liñas de colaboración que ambas institucións manifestan, de xeito particular no ámbito das Ciencias da Comunicación e da Psicoloxía.