Saltar ao contido principal
Xornal  »  Filólogos da USC colaboran na elaboración da primeira historia mundial da literatura en inglés

Filólogos da USC colaboran na elaboración da primeira historia mundial da literatura en inglés

Actualizada: 13-01-2011 13:33
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Algúns dos membros do grupo Litmecom nunha xuntanza de traballo do proxecto celebrada en Seúl
Investigadores da Facultade de Filoloxía da USC asesoran ao proxecto internacional ‘ Literature: a World History’, patrocinado polo Stockholm Collegium of World Literary History, e que representa a primeira historia mundial da literatura en inglés. O seu obxectivo é dar conta dun xeito coherente e equilibrado das distintas culturas literarias do mundo baixo unha óptica reflexiva e autocrítica polo que á epistemoloxía, metodoloxía e as distintas perspectivas culturais se refire.
 
Os grupos encargados dos proxectos ‘As literaturas medievais nun contexto mundial’ (LITMECOM) e ‘Europa, en comparación: UE, identidade e a idea de literatura europea’ (EUROCOMP), ambos os dous baixo a coordinación do profesor César Domínguez, son os únicos investigadores universitarios españois implicados no proceso. Concretamente, o seu asesoramento centrarase nos dous volumes dedicados ás literaturas en Europa (Literature in Europe before 1500 e Literature in Europe after 1500).

Polo de agora xa se celebraron dous encontros de traballo, o primeiro na Universidade de Estocolmo onde se presentou o informe sobre o primeiro volume e documento ‘Is this World Enouhg? Medieval studies in the age of the world literature target’. A segunda xuntanza, celebrada no Netherlands Institute for Advanced Study in the Humanities and Social Sciencies, serviu para traballar no informe relativo ao segundo volume ‘In 1838: (European) world literature on the edge of law’.