Saltar ao contido principal
Xornal

As bibliotecas Intercentros e Concepción Arenal poñen de releve as obras do seu fondo bibliográfico relacionadas coa muller dende distintas perspectivas

Actualizada: 07-03-2011 14:31
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartaz do centro de interese da Intercentros

‘Con letra de muller’ e ‘Libros e Muller’ son os nomes dos centros de interese creados respectivamente na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo e na Concepción Arenal de Santiago co gallo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora este 8 de marzo. A través dunha selección, recóllense todos os libros existentes nesta biblioteca e relacionados coa temática da muller co obxectivo, segundo explican dende a dirección das bibliotecas, de “facer visible o que ás veces pasa desapercibido nos andeis”.

Esta iniciativa vai estar en marcha durante todo o mes de marzo, cunha escolma de obras dentro dos xéneros da novela, o ensaio, as autobiografías de varias mulleres destacadas en distintas etapas ou a narrativa histórica, entre outros. Son moitos os autores e autoras que se poden ver representados aquí, nos fondos da biblioteca, co fin de reivindicar a importancia da figura feminina dende diversas perspectivas.
 
A mostra conta coas últimas incorporacións de temática feminina, dende a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, do acceso das mulleres a  postos directivos ou aspectos lexislativos da igualdade, ata historias de protagonistas femininas, biografías de mulleres contemporáneas ou históricas, debates sobre xénero e política, relixión ou economía.
 

Outras imaxes


Cartaz da mostra Libros e Muller da Concepción Arenal