Saltar ao contido principal
Xornal  »  O XVII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC abre o pano este luns 4 en Santiago e Lugo

O XVII Festival Internacional de Teatro Universitario da USC abre o pano este luns 4 en Santiago e Lugo

Compañías de España, Portugal e Italia actuarán a vindeira semana no ciclo, cuxa entrada é de balde

Actualizada: 01-04-2011 13:57
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Momento da preparación de 'Pura e Angelita'
Dúas representacións abren este luns, 4 de abril, a XVII edición do Festival de Teatro Universitario da USC, que se celebrará a longo da vindeira semana se xeito simultáneo en Santiago e Lugo. En ambos os dous casos, a entrada é de balde, pero é requisito previo pasar polo despacho de billetes do Salón Teatro (Santiago) e do Auditorio Gustavo Freire (Lugo), que acollerán as representacións teatrais.
 
A Aula de Teatro da USC será a encargada de levantar o pano en Compostela, coa representación do seu último espectáculo, ‘Historia de Pura e Angelita. Pequeno divertimento mordaz’, ás 21:00 horas, no Salón Teatro. Quen desexen asistir poderán recoller ás entradas –un máximo de dúas por persoa- a partir das 18:30 horas no propio Salón Teatro. A obra repetirá o martes nos escenarios composteláns.
 
Lugo
A compañía portuguesa Teatrubi, cunha adaptación libre do texto de Emma Santo ‘O Teatro’, titulada ‘Son[h]o Dor-mente’, será a encargada de abrir o pano do Festival Internacional de Teatro Universitario en Lugo. A representación comezará ás 20:30 horas e, dende media hora antes do inicio, poderán retirarse os billetes. Así mesmo, haberá servizo de buses dende a Escola Universitaria de Formación de Profesorado (ás 19:45 horas) e a Residencia Bal y Gay (ás 20:00 horas) ata o Auditorio Gustavo Freire, onde se representarán as obras.
 
O Festival de Teatro da USC é o máis antigo de todas as universidades españolas. Na súa XVII edición contará cun total de 5 actuacións en Santiago, que rematan o día 9 de abril; mentres que en Lugo, poñeranse en escena un total de 8 espectáculos, ata o 10 de abril.
 

Outras imaxes


O último espectáculo da Aula de Teatro da USC estreouse o pasado mes de decembro