Saltar ao contido principal
Xornal

O profesor Francisco Puy Muñoz foi investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru

Actualizada: 27-04-2011 13:55
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O profesor Francisco Puy Muñoz no acto de nomeamento como doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru (Brasil)
O profesor emérito da Facultade de Dereito Francisco Puy Muñoz acaba de ser investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru (Brasil) nun acto de imposición presidido polo chanceler Rodrigo Rocha e a reitora Elvira Milani.
 
O recoñecemento da Universidade brasileña ao profesor Puy quere subliñar o seus “méritos e a súa extraordinaria contribución á Filosofía do Dereito e á investigación científica”. Neste senso, a Universidade Sagrado Coraçao de Bauru traduciu e editou o libro do docente compostelán Teoría dialéctica do Dereito Natural por consideralo unha gran contribución científica en defensa do Dereito Natural e a súa aplicación na xurisprudencia actual.

Este novo recoñecemento súmase aos doutoramentos honoris causa recibidos por Francisco Puy das universidades Santo Tomás (Chile) e de Belgrano (Bos Aires), así como á Gran Cruz Académica pola Universidade Católica do Uruguai (Montevideo) e ao Magister Honoris Causa outorgado pola Escola Xudicial de México. Xa en España, foi merecedor da Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort.