Saltar ao contido principal
Xornal

O dramaturgo, actor e director teatral Alberto Iglesias, próximo convidado do ciclo ‘De portas afora: encontros con escritores cántabros’

Actualizada: 09-05-2011 13:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O dramaturgo, actor e director teatral santanderino Alberto Iglesias protagoniza este martes 10 a segunda sesión do ciclo ‘De portas afora: encontros con escritores cántabros’ que organiza a Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da USC en colaboración coa Aula de Letras da Universidade de Cantabria. A partir das 20:00 horas e presentado polo catedrático José Manuel González Herrán no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, Alberto Iglesias falará sobre ‘Poética do despropósito: teatro, vida e literatura’.
 
Alberto Iglesias
Alberto Iglesias nace en Santander dando os seus primeiros pasos como profesional nesta cidade vinculando a La Machina Teatro dende 1993. A partir do ano 2002 continúa desenvolvendo o seu traballo e a súa aprendizaxe en Madrid, onde actualmente reside.
 
Como dramaturgo gañou varios premios dende que en 1998 se fixera merecedor do I Premio de Teatro Ricardo López Aranda. Ademais varias das súas obras foron publicadas e outras tantas estreadas. Nasdrovia Chéjov!, espectáculo no que lle corresponde a dramaturxia e que dirixiu Fernando Bernués en 2005 producido por Vaiven Teatro, alzouse cos premios Ercilla 2006, Garnacha 2006 (ao mellor espectáculo) e co Max ao Espectáculo Revelación en 2006.
 
Do mesmo xeito, tense acercado á danza con Mujeres de sangre y aire, espectáculo flamenco estreado en 2005 por Armar Teatro e con Cristo hembra, espectáculo orixinal a partir de poemas da bailadora Teresa Vallejo. Por último, conta no seu haber coa adaptación escénica da novela Marianela, de Benito P. Galdós, cuxo estreo celebrouse en decembro de 2007 no Teatro Concha Espina de Torrelavega (Cantabria).

 Como actor participou en máis dunha trintena de montaxes que abarcan unha ampla variedade de obras clásicas e contemporáneas: Esquilo, William Shakespeare, Philip Marlowe, Valle-Inclán, Heiner Müller, Lope de Vega, Edmond Rostand, Angélica Lidell, Enzo Cormann, David Mamet ou Tenessee Williams, entre outros. Tense posto ás ordes de directores como Lluis Pascual, Jhon Strasberg, Daniel Veronese, Mario Gas, Etelvino Vázquez, Joao Mota ou Enrique Vargas. A súa formación susténtase en diversos mestres nacionais e internacionais entre os que cabe destacar a Stephan Suschke, Jhon Strasberg, Bruce Myers, Will Keen, Owen Horsley, Phillys Nagui, Claudia Contin, Helena Pimenta, Ana Vallés, Esperanza Abad, Mario Gas e Andrés Lima.