A profesora da Facultade de Humanidades María Xesús Nogueira, autora de varios estudos sobre
Álvaro Cunqueiro, participou este luns nunha homenaxe ao escritor mindoniense organizada polo Club
Cultural Valle-Inclán con motivo do centenario do seu nacemento.
A profesora Nogueira pronunciou a conferencia ‘As historias e as xentes de Álvaro Cunqueiro’
na que salientou tanto o recoñecemento internacional acadado pola súa obra como a admiración e o
afecto dos lectores. Como pezas fundamentais da súa obra, con independencia do xénero cultivado,
identificou o gusto por contar historias e a capacidade para deseñar personaxes orixinais e
entrañábeis que adoitan responder a unha serie de modelos, algúns tan queridos polo escritor como o
contador de historias ou o soñador.