Saltar ao contido principal
Xornal  »  Stabri, o boneco máis viaxeiro, de visita na USC

Stabri, o boneco máis viaxeiro, de visita na USC

Actualizada: 10-02-2012 14:36
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo


 

Stabri, o boneco máis popular da rede, chegou esta semana á Universidade de Santiago interesado por coñecer o seu patrimonio histórico-artístico. Aquí, da man da súa portadora Rosi Maxi, do Programa de Visitas Guiadas da USC, converteuse por uns días nun universitario máis.
 
Dende 2008 este boneco de trapo de orixe coruñés percorreu xa máis de cento vinte cidades de 21 países. Stabri é unha invención dos informáticos Ángel Télles e Mariano Manuera coa que demostraron a capacidade das redes sociais para que un primeiro contacto virtual a través das redes sociais se volva logo físico.
 
Na tarde deste venres 10 Stabri despedirase da USC cunha festa ás 20.00 horas no Claustro do Colexio de Fonseca á que calquera que o desexe pode achegarse e fotografarse con el.

   


Outras imaxes