Saltar ao contido principal
Xornal

Ciencias da Comunicación acolleu a presentación do primeiro estudo que aborda de xeito rigoroso a actividade das orquestras de baile nas verbenas da comunidade galega

Actualizada: 22-03-2012 15:01
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita, Xosé Pereira, Juan Carlos Fasero e Xaime Fandiño. Foto de Fernando Blanco
Investigadores da Facultade de Ciencias da Comunicación acaban de rematar un estudo no que retratan a actividades das orquestras e conxuntos musicais que realizan a súa actividade profesional nas festas e verbenas galegas. Concretamente o traballo de investigación centrouse no ano 2010.
 
Segundo o estudo, este sector facturou en 2010 –período de análise- 26,2 millóns de euros exclusivamente en actuación ao aire libre ou festivais, cifra á que habería que sumar as actuacións en salas de festa ou fóra da comunidade. En total, os investigadores de Ciencias da Comunicación contabilizaron 295 grupos e orquestras de Galicia e outras 25 formacións de fóra que actuan habitualmente en Galicia. O mesmo informe sinala a ‘Panorama’ e ‘París de Noia’ como as orquestras con máis actuacións, máis de 200 ao ano.
 
Os datos acaban de facerse públicos coa presentación das conclusións do estudo nun acto celebrado na Facultade de Ciencias da Comunicación na que interviñeron xunto ao decano do centro, Xosé Pereira; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), Juan Carlos Fasero; o coordinador do proxecto, o profesor Xaime Fandiño; e os integrantes do grupo que realizou o estudo, Mara González, Zósimo López, Henrique Neira e Carlos Regueira.
 
Os responsables de ‘Do palco ao escenario' estiman que o número de profesionais regulados no ámbito das festas populares, entre músicos e técnicos ascende a 3.100 persoas, aos que habería que sumar axentes e persoal de empresas auxiliares, entre outros, polo que a cifra de empregos total podería situarse en aproximadamente catro mil persoas.
 
Traballo pioneiro
Como se puxo de manifesto na presentaicón, este é o primeiro proxecto que tenta abordar a análise do subsector das orquestras baseándose en datos reais e achegando as visións que teñen a totalidade dos actores involucrados, dende integrantes de comisións de festas ata artistas e representantes de empresas.

O equipo encargado, Canal Campus, é un grupo de traballo multidisciplinar preparado para crear un Observatorio da música en Galicia e realizar investigacións académicas no campo dos estudos de música popular –Popular Music Studies–. Esta é unha liña nova en Galicia que xa conta con abundante literatura nos países cun mercado musical forte, subliñaron os promotores do grupo.
 

Outras imaxes