Saltar ao contido principal
Xornal

O proxecto Granxa Familiar, galardoado polo Ministerio de Agricultura co premio Alimentos de España

A iniciativa xurdida na USC consegue o recoñecemento na categoría ‘Distribución e comercio alimentario’

Actualizada: 09-05-2012 13:21
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O proxecto Granxa Familiar acaba de ser galardoada co XXIV Premio Alimentos de España á Distribución e Comercio Alimentario que concede o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
 
Granxa Familiar xurdiu a partir dunha investigación do Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio da Universidade de Santiago levada a cabo entre 2003 e 2006 en Galicia e Irlanda e financiada pola Fundacion Feiraco. Trátase dun sistema de xestión de información dixital para a comercialización de produtos agrarios de orixe familiar que evita a intermediación e facilita o contacto directo entre produtores e consumidores.
 
A categoría premiada recoñece a traxectoria e o traballo desenvolvido por establecementos de distribución minorista e novas canles de comercialización, tanto no mercado interior como no exterior, co obxectivo de potenciar o coñecemento, a presentación e a difusión dos alimentos.