Saltar ao contido principal
Xornal

A Fundación USC Deportiva organiza para o mes de setembro as últimas saídas de Camiño ao Gaiás e Rodando ao Gaiás

Actualizada: 31-08-2012 09:48
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
As saídas en bicicleta e a pé á Cidade da Cultura organizadas pola Fundación USC Deportiva para o mes setembro xa teñen data. Con esta quenda remata o programa de visitas estival ao monte Gaiás.

As saídas de  Camiño do Gaiás serán os mércores 5, 12, 19 e 26; a ruta familiar de  Rondando ao Gaiás celebrarase o martes 18 de setembro e a ruta técnica será o martes 4 de setembro. Pódese atopar máis información sobre estas actividades na páxina web da Fundación USC Deportiva, desde a que se pode tamén realizar a inscrición a calquera delas.