Saltar ao contido principal
Xornal

O titulado da USC Víctor Quintas, premio Proclinic ao mellor expediente académico en Odontoloxía

Actualizada: 31-10-2012 11:38
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O titulado da USC Víctor Quintas González recibiu recentemente en Madrid un dos premios ao Mellor Expediente Académico para o alumnado que se licenciou ou graduou en Odontoloxía en España no curso 2011-2012, unha iniciativa de Proclinic xunto coa Conferencia de Decanos de Odontoloxía.
 
O premio a Víctor Quintas entregoullo o presidente da Conferencia de Decanos, Mariano Sanz, nun acto na Complutense no que tamén participaron a vicedecana de Odontoloxía da Universidade de Santiago, Inmaculada Tomás, e a representante de Proclinc Laura Molla. Dezasete estudantes máis de diferentes Universidades Españolas foron tamén premiados durante este acto.
 
A iniciativa recoñece o traballo de todos os estudantes que remataron a carreira como primeiros ou primeiras da súa promoción. Os premios, bolsas e axudas ao estudo son, para as organizacións os promotoras, un dos instrumentos que contribúen “de forma máis eficaz a facer posible o principio de igualdade de oportunidades e a fomentar o desexo do alumnado por ampliar a súa formación académica e unha especialización que redunde en beneficio da súa carreira profesional e do progreso científico do sector odontológico”.