Saltar ao contido principal
Xornal

O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico da USC coordina o sétimo Encontro Arqueolóxico do Barbanza

Actualizada: 22-01-2013 10:05
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste Ibérico da USC (GEPN) coordina xunto coa Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o sétimo Encontro Arqueolóxico do Barbanza que se vai celebrar en dúas sesión teóricas os días 23 e 24 de febreiro e en dúas visitas a áreas arqueolóxicas e equipamentos culturais. Este evento está organizado polo Centro Arqueolóxico do Barbanza e o Concello de Boiro.
 
As dúas primeiras sesións concentrarán os relatorios desta nova edición do encontro no que se abarcan cuestións relativas ás achegas da xenética ao coñecemento do movementos poboacionais humanos no pasado; as novas intervencións no conxunto arqueolóxico de Armeá; os últimos traballos de restauración no castro de Baroña; o megalitismo na provincia de Huelva; ou guerra e violencia nas primeiras sociedades campesiñas europeas. Tamén se inclúe unha mesa redonda, o sábado 23, dedicada a facer unha radiografía e diagnose da arqueoloxía galega.

O programa tamén contempla a realización dunha serie de visitas a áreas arqueolóxicas e equipamentos culturais. Concretamente, o sábado 2 de marzo están programadas dúas visitas, pola mañá aos petróglifos de Porto do Son e, pola tarde, ao Castro de Baroña. O domingo 3, o encontro achegarase á ruta das mámoas en Iroite (Boiro).