Saltar ao contido principal
Xornal  »  Manuel Sáez e José Iglesias falan este mércores da renda básica das iguais en Galicia na Facultade de Formación do Profesorado

Manuel Sáez e José Iglesias falan este mércores da renda básica das iguais en Galicia na Facultade de Formación do Profesorado

O relatorio dos coordinadores do estudo ‘Repartindo a nosa riqueza’ enmárcase nos actos programados ao abeiro da Primeira semana galega pola renda básica das iguais

Actualizada: 29-01-2013 14:06
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os coordinadores do estudo ‘Repartindo a nosa riqueza. Estudo de viabilidade da Renda Básica das Iguais en Galiza’, Manuel Sáez e José Iglesias, ofrecerán este mércores, 30 de xaneiro, a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, una charla sobre o reparto da riqueza.

 
A conferencia, organizada pola ONG luguesa de comercio xusto e consumo responsable A cova da terra, xunto co colectivo Na encrucillada, do campus de Lugo, e a coordinadora estatal de loitas contra a precariedade, a exclusión e o empobrecemento, enmárcase no programa de actos organizados ao abeiro da Primeira semana galega pola renda básica das iguais, que conclúe o xoves.
 
A pretensión desta iniciativa de loita polos dereitos sociais non é outra que a de achegar ao maior número de persoas e colectivos os fundamentos (e a viabilidade económica e social) nos que se asenta a proposta da renda das iguais. A relación entre a renda básica e as propostas actuais do feminismo será outra das cuestións abordadas neste foro.