Saltar ao contido principal
Xornal

Poesía e música clausuran este martes a exposición ‘O unicornio e o seu mundo’

Será ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade

Actualizada: 04-02-2013 13:46
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
A exposición de pintura ‘O unicornio e o seu mundo’ de Nicolás González Aller despídese este martes 5 da Igrexa Universitaria cun acto poético-musical que conducirá a partir das 20.00 horas Xabier Castro Martínez.
 
O Grupo de música tradicional do AGADIC será o encargado de amenizar o acto, mentres que o recital poético virá da man de Marilar Aleixandre, Baldo Ramos, Domingo Tabuyo e Luís González Tosar.
 
Intervirán ademais o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, o propio Nicolás González, o poeta Celso Fernández Sanmartín e o comisario da mostra, Miguel Santalices. O peche corresponderalle ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad.

 As persoas que dende o pasado 20 de decembro se achegaron a este espazo universitario tiveron a oportunidade de viaxar aos mundos fantásticos e de ensoñación que interpreta o pintor lalinense na procura do unicornio.