Saltar ao contido principal
Xornal

O docente da USC David Araújo-Vilar, recoñecido pola Federación de Enfermidades Raras

Polo seu traballo de investigación sobre a incidencia das lipodistrofias nesa Comunidade Autónoma

Actualizada: 26-02-2013 09:40
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

David Araújo-Vilar
O traballo investigador do profesor da Facultade de Medicina da USC David Araújo-Vilar acaba de ser recoñecido pola Federación Española de Enfermidades Raras na súa convocatoria de premios de 2012. En concreto, ao docente da USC se lle concede o Premio Especial de Feder Murcia “polo seu gran traballo na investigación das lipodistrofias e a súa incidencia nesa comunidade”.
 
David Araújo Vilar é licenciado en Medicina e Cirurxía dende 1985 pola Universidade de Santiago de Compostela, na que se doutora cinco anos máis tarde. Posteriormente realiza  estudos postdoutorais na Universidade de Oxford, no Radcliffe Infirmary. De 1992 a 1996 foi axudante de Universidade no Departamento de Medicina da USC e dende 1998 é profesor titular de Medicina, especialista en Endocrinoloxía e Nutrición.
 
En 2003 Araújo-Vilar creou xunto co profesor Lado Abeal a Unidade de Enfermidades Tiroideas e Metabólicas, que actualmente dirixe no Servizo de Endocrinoloxía do CHUS coa intención de profundar na investigación das alteracións moleculares da patoloxía tumoral tiroidea e outros síndromes tiroideos emerxentes e no estudo dos mecanismos moleculares da resistencia á insulina en diferentes síndromes metabólicos. Ademais, é presidente fundador da Sociedade Española de Lipodistrofias.