A xornada celebrouse no Salón de Actos de Filoloxía. Foto: Alfonso-Servimav
Fronte á idea do galego como un obstáculo para a integración doutras nacionalidades, un grupo
do alumnado estranxeiro acollido ao programa Erasmus da Facultade de Filoloxía participou este
martes na actividade ‘A Facultade de Filoloxía acolle’, impulsada pola Comisión de Normalización
Lingüística do centro.
No salón de actos do centro, Ilaria Stefani e Eleanora Giunchi (Italia), Tanguy Marchand
(Bretaña), Eva Kalhousová (República Checa), Cristina Costa (galega instalada en Noruega desde a
súa infancia), Margarete da Silva (Brasil) e Trevor Allen (Estados Unidos) foron testemuña de
compromiso co galego e con todas as linguas en situación de ameaza, salientando o enriquecemento
persoal que supón descubrir unha nova lingua.