Saltar ao contido principal
Xornal

Afectados por retinose pigmentaria debaten no CIMUS con investigadores da enfermidade

Actualizada: 29-04-2013 12:57
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Francisco González, en primeiro termo referiuse ao avance na recuperación da visión das persoas afectadas por esta doenza. Foto: Santi Alvite.
O Centro de investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS) abriu esta fin de semana as súas portas á celebración da I Xornada da Asociación Galega de Afectados por Retinose Pigmentaria. O encontro estaba concibido como unha xornada de saúde e convivencia entre as familias afectadas con este tipo de enfermidades e a comunidade científica galega, ademais de que albergou a celebración da Asemblea Xeral da Asociación.

Un dos bloque centrais do programa desenvolvido no CIMUS foi a mesa dedicada ás novas estratexias xenómicas no estudo da retinose pigmentaria e aos avances na recuperación da visión. Ambas cuestións abordáronas a coordinadora do grupo de xenética de enfermidades cardiovasculares e oftalmolóxicas, María Brión, e o catedrático de Oftalmoloxía Francisco González.