Saltar ao contido principal
Xornal

O ex ministro Ángel Gabilondo falou na USC do sentido e dos límites da utilidade

Actualizada: 07-05-2013 13:09
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De dereita a esquerda, Senén Barro, Ángel Gabilondo, Francisco Durán e Victoria Otero
O ex ministro Angel Gabilondo sumouse este luns ao programa de actividades da exposición RSME-IMAGINARY-Santiago cunha conferencia que pronunciou no Paraninfo da universidade titulada ‘ Sentidos e límites da utilidade: o coñecemento e a dicha de vivir’. Estivo acompañado polo vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán; o ex reitor Senén Barro; e a decana de Matemáticas, Victoria Otero.
 
Fronte a unha visión que reduce o alcance dunha meta á súa utilidade hai que establecer outros conceptos sobre o sentido do que as persoas fan. Este é o punto de partida da intervención do profesor de Filosofía da Autónoma de Madrid, para quen a rendibilidade social modifica a lectura convencional do rendible e mostra que o verdadeiro saber, a adecuada sabedoría procura benestar e favorece a dicha de vivir.  
 
Como puxo de manifesto Gabilondo na súa conferencia, o encontro de René Descartes co matemático Isaac Beeckman proponse como unha ocasión para mostrar a importancia do desafío do pensar e a incidencia do coñecemento na creación de mellores formas de vida.
 
RSME-Imaginary-Santiago’, aberta ata mediados de mes na Igrexa da Universidade, é unha mostra visual e interactiva na que se poden atopar imaxes, pantallas táctiles, esculturas e obxectos de natureza matemática. Cun dobre carácter, cultural e divulgativo, nela se aprecia que Matemáticas e Realidade e Matemáticas e Arte están en estreita conexión.