Saltar ao contido principal
Xornal

Preséntase en Historia o libro Cova Eirós. Primeras evidencias de arte rupestre Paleolítico en el Noroeste Peninsular

Actualizada: 27-06-2013 11:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O descubrimento de varias manifestacións parietais, gravadas e pintadas, no interior da Cova Eirós (Triacastela, Lugo) por investigadores da USC supón o primeiro achado de arte rupestre Paleolítico no NW peninsular, cubrindo así un dos principais baleiros que existía na investigación paleolítica en Galicia.
 
Os resultados do estudo preliminar da arte parietal nese emprazamento aparecen recollidos no libro Cova Eirós. Primeras evidencias de arte rupestre Paleolítico en el Noroeste Peninsular, da autoría de Ramón Fábregas e Arturo de Lombera, que se presenta este xoves 27 ás 17.00 horas na Sala de Profesores da Facultade de Xeografía e Historia.
 
Ademais dos autores, asisten á presentación o reitor da USC, Juan Casares; a vicedecana de Asuntos Académicos da Facultade, Pilar Rodríguez Álvarez; a directora do Departamento de Historia I, Raquel Casal García; a alcaldesa de Triacastela: Olga Iglesias; e a representante de Andavira Editora Lucila Ventoso.