Saltar ao contido principal
Xornal

O Espazo de Cámara da USC busca novos e novas integrantes

As probas de selección serán o martes 24 ás 20.00 horas na Igrexa universitaria

Actualizada: 20-09-2013 11:52
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O Espazo de Cámara da USC leva tres anos traballando por recuperar a paixón pola música clásica entre a súa comunidade universitaria. Neste caso, co estudantado, profesorado e persoal de administración e servizos que ten formación instrumental e que quere seguir desenvolvendo esa práctica facendo música en grupo.
 
Para a convocatoria deste ano búscanse novos e novas instrumentistas, que deberán presentarse a unha proba de selección este martes 24 ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade. Aínda que a formación se dirixe principalmente á comunidade universitaria, nela ten cabida persoal alleo á USC que supere esa proba, que consistirá na execución de dúas pezas ou movementos a libre elección e un fragmento para ler a primeira vista achegado polo tribunal seleccionador alí mesmo, con 2 minutos para estudalo e sen poder tocala.
 
Co fin de animar á máxima participación neste interesante proxecto musical que dirixe Mario Diz o Espazo de Cámara da USC elaborou unha peza audiovisual titulada ‘Pasa a bola’.
 
Concertos públicos
O Espazo organízase en dous grupos, o residente no que se integran só membros da Comunidade Universitaria da USC (a quen se lles concederá 4 créditos anuais) que participarán nos ensaios semanais dos martes ademais de nos concertos públicos e encontros programados, e o interino para o estudantado de música de centros oficiais e escolas que superen unha proba específica previa.

As persoas interesadas poden solicitar máis información na Área de Cultura de San Xerome, nos teléfonos 881811018 e 881811103, en area.cultura@usc.es e orquestrausc@gmail.com ou en Facebook: https://www.facebook.com/orquestausc.