Saltar ao contido principal
Xornal

Gaceta Dental premia un traballo de estudantes de posgrao da USC

Actualizada: 30-09-2013 12:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
Os doutorandos da Universidade de Santiago Víctor Quintas González e Isabel Prada López acadaron un dos XVI Premios Gaceta Dental polo seu artigo científico ‘DIFES: un novo modelo in situ para a análise do biofilm oral’. O traballo publicarase no vindeiro número de Gaceta Dental, unha das publicacións odontolóxicas en español de maior difusión.
 
Víctor Quintas e Isabel Prada, premios fin de carreira e de máster pola USC, pertencen ao grupo de investigación Oral Sciences Research Group dirixido por Inmaculada Tomás no Departamento de Estomatoloxía da USC.
 
O premios outorgáronse nunha gala celebrada o pasado día 19 de setembro en Madrid e que contou coa presenza do presidente do consello de dentistas, Alfonso Villavigil, e o presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da provincia da Coruña e profesor no Departamento de Estomatoloxía da USC, Jose María Suárez Quintanilla.