Saltar ao contido principal
Xornal

Medicina celebra a festividade do seu patrón homenaxeando aos médicos rurais

Actualizada: 11-10-2013 10:03
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
Medicina celebrará a vindeira semana unha serie de actos con motivo da festividade do seu patrón, San Lucas, e nos que o tema central será unha homenaxe aos médicos rurais. O primeiro dos actos conmemorativos será o martes coa inauguración da Cátedra de Educación Médica e da Sala de Técnica Anatómica, recentemente renovada, ao que asistirá o reitor Juan Casares.
 
O venres 18, día de San Lucas, a Facultade abrirá as súas portadas para un xornada homenaxe aos médicos rurais, personalizado no doutor Manuel Reimóndez Portela, “médico, escritor e político” con motivo do vixésimo aniversario da publicación de Un médico na aldea. Na mesma sesión intervirán o escritor José Neira Vilas e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, ademais de que se descubrirá unha placa conmemorativa.

Con anterioridade, renderase tributo na Biblioteca da Facultade aos doutores Luciano García Alén, Manuel Fuster Siebert, Jesús Suárez López, Benito Candanedo Gutiérrez, Conchita Otero Carreira e Manuel Lorenzo Abella por ter doado as súas bibliotecas ao centro compostelán.