Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación da versión mellorada e ampliada do Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega

Actualizada: 22-10-2013 14:35
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
A versión mellorada e ampliada do Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega  presentarase en rolda de prensa este mércores 23 nun acto no que intervirán o reitor Juan Casares; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director do Instituto da Lingua Galega, Ernesto González Seoane; e o profesor Xosé L. Regueira, director do equipo encargado do desenvolvemento deste dicionario. A presentación comezará ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome.

O Dicionario de Pronuncia da Lingua Galega presenta en liña o léxico galego contido no Dicionario da Real Academia Galega coa transcrición fonética e a locución da pronuncia correspondente a cada palabra. Esta versión mellorara e ampliada, ademais das voces incorporadas ao dicionario da RAG recentemente, tamén recolle os 1.000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1.500 apelidos galegos, os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e accidentes costeiros. Ademais, a aplicación informática permite realizar buscar por formas fonéticas ou por cadeas de sons.