Saltar ao contido principal
Xornal

A USC divulga a ciencia en galego nos centros non universitarios

Actualizada: 12-11-2013 10:17
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
Con motivo da celebración do IV Día da Ciencia en Galego este martes 12, a Coordinadora Galega de ENDL convidou a centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias impartidas polos docentes da USC Jorge Mira e María Pilar Aleixandre, que explicaron os proxectos científicos que desenvolven na actualidade.
 
Jorge Mira
Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da USC, a actividade investigadora de Jorge Mira está centrada no estudo do magnetismo en sólidos e a nanotecnoloxía, e tamén de sistemas de falantes con idiomas en competición. Publicou numerosos traballos especializados en publicacións de prestixio, e desenvolve un importante labor divulgador en libros e nos medios de comunicación ademais de dirixir o programa ConCiencia.
 
Nesta ocasión, o profesor Mira explicou ao alumnado de secundaria como fixeron na Grecia clásica para saber o tamaño do mundo que habitamos e calcular a distancia á lúa e o sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.
 
Maria Pilar Aleixandre
Doutora en Bioloxía e catedrática de Didáctica das Ciencias na USC, Maria Pilar Aleixandre é autora dunha extensa e premiada obra narrativa e poética. No seu encontro cibernético co estudantado de primaria, titulado Benqueridos insectos’ deu conta da importancia desta clase de animais invertebrados para o ecosistema.