Saltar ao contido principal
Xornal

A profesora Pilar Cagiao coordina un libro sobre a emigración galega a América do Sur

Actualizada: 13-12-2013 10:21
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
A profesora do Departamento de Historia Contemporánea e de América Pilar Cagiao presentou este venres no Consello da Cultura Galega o libro A emigración galega a América do Sur do que é coordinadora. Cagiao estivo acompañada do editor de Hércules de Ediciones, Francisco Rodríguez Iglesias, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz.
 
A publicación recolle o periplo de milleiros de familias separadas e de qué xeito os primeiros emigrados reclamaron despois familiares e veciños, constituíndo auténticas cadeas que permitiron a inserción social e laboral da maioría dos novos emigrantes.
 
O asociacionismo galego (irmandades, centros galegos, amigos dunha localidade...), a solidariedade e as relacións entre paisanos, a importancia da emigración feminina, os exiliados ou a integración nos países de acollida son aspectos fundamentais que este volume analiza polo miúdo ao longo de oito capítulos, centrados na Arxentina como primeiro destino, seguida de Uruguai, Brasil, Venezuela, Perú, Chile ou Ecuador.