Saltar ao contido principal
Xornal

Presentado o libro A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo

Actualizada: 12-02-2014 14:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O libro A tradución galega do Liber de medicina equorum de Giordano Rufo presenta a versión galega do tratado de veterinaria do século XIV De medicina equorum nunha edición que, sen alterar a realidade lingüística que reflicte o códice que a envía, opta pola súa regularización gráfica axudándose doutros elementos co fin de corrixir algunhas das probables deficiencias que o testemuño presenta.
 
A obra presentouse esta mércores 12 na Facultade de Filoloxía da man do seu autor Gerardo Pérez Barcala, do director do Instituto da Lingua Galega, Ernesto González Soeane, e do director da colección Biblioteca Filolóxica Galega (ILG-Fundación Barrié), Antón Santamarina. Este volume pretende resaltar tamén a extraordinaria riqueza léxica dun texto que, pola súa complexidade e singularidade, ocupa un lugar destacado e único no conxunto da prosa medieval galega. O manuscrito 23076 da Biblioteca Nacional de Madrid contén a única copia coñecida ata agora da versión galega dese tratado, á que este volume se achega.

Como explicou o seu autor, a obra orixinal tivo unha ampla difusión en latín e tamén en romance, pois axiña foi traducida ao siciliano, ao provenzal, ao italiano, ao catalán ou ao francés, e foi readaptada polo Mestre Giraldo por encargo de Don Denís no ano 1318.