Saltar ao contido principal
Xornal

O reitor recibiu ao embaixador de Francia en España

Actualizada: 13-02-2014 13:05
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O reitor Juan Casares recibiu este xoves 13 no Colexio de San Xerome ao embaixador de Francia en España, Jérôme Bonnafont, que se atopa de visita en Santiago. O encontro serviu para intercambiar opinións sobre o importante volume de estudantes españois e franceses que participan dos programas de intercambio entre España e Francia.

No encontro na Reitoría compostelá, o embaixador estivo acompañado do cónsul xeral de Francia en Bilbao, Fabrice Delloye, do ministro conselleiro para asuntos económicos, Philippe O’Quin, e da segunda conselleira da embaixada Virginie Bioteau, así como do vicerreitor de Relacións Exteriores e Internacionalización, Víctor Millet. Posteriormente, desprazouse á Facultade de Dereito onde pronunciou unha conferencia sobre a integración cultural europea.