Saltar ao contido principal
Xornal

A proxección de La Plaga abre o Ciclo de Cinema Catalán

Actualizada: 26-03-2014 10:17
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O VI Ciclo de Cinema Catalán desenvolverase os días 27 e 28 de marzo e 24 e 25 de abril na Facultade de Filosofía, organizado pola Área de Catalán do Departamento de Filoloxía Galega. O programa intégrano catro filmes de denuncia social recoñecidos e premiados en distintos festivais.
 
O programa comezará este xoves 27 coa intervención do crítico de cine Moncho Lemos, e dará paso á proxección de La Plaga de Neus Ballús. Xa o venres 28 será  a quenda de Catalunya über alles de Ramon Térmens . No mes de abril, Fènix 11*23 de Joel Joan e Sergi Lara proxectarase o día 24 e La lapidation de Saint Étienne de Pere Vilà i Barceló o día 25. Todas as proxeccións son de entrada libre e comezarán ás 19.00 horas.

Na clausura, o ciclo contará coa presenza do catedrático de Historia do Cine, Ángel Luis Hueso. Todos os filmes proxectaranse en versión orixinal subtitulada e irán emmarcados cunha breve presentación e coloquio.