A catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de San Petersburgo, Elena Zernova, imparte
este martes 23 de setembro na USC a conferencia ‘Recepción da literatura galega en Rusia’. Será ás
13.00 horas na aula D7 da Facultade de Filoloxía da USC. Ademais, o venres 26 ás 13:00 horas
ofrecerá no Instituto da Lingua Galega da USC o seminario ‘Problemas da tradución de textos
literarios do galego ó ruso’.
Zernova foi colaboradora científica na UNAM (México) e no Colexio de México, investigadora na
Universidade Autónoma de Barcelona e profesora visitante nas universidades de Berlín, Leipzig,
Central de Barcelona, Granada, Leeds, Manchester, Lleida San Sebastián e, actualmente, de Santiago
de Compostela.
Responsable da
Antoloxía da Literatura galega
Na Universidade de San Petersburgo dirixe o Centro de Estudos Cataláns e mais o Centro de
Estudos Galegos, creado este en 1993, onde é responsable da
Antoloxía da Literatura Galega (edición bilingüe en ruso e galego) na que intervén como
coordinadora do proxecto, seleccionadora e tradutora.
Desta
Antoloxía publicáronse 19 tomos na Editorial St. Petersburg University Press, case todos con
limiares de especialistas galegos. O primeiro, de 1995, é unha recompilación da poesía dos
trobadores, seguida de diversas escolmas de poesía e prosa da literatura culta e popular dos
séculos XIX e XX. A partir de 2005 irán aparecendo antoloxías bilingües de poetas clásicos nesta
orde (Rosalía, Cabanillas, Curros, Pondal, Pimentel, Celso Emilio e Díaz Castro) ou ben textos só
en ruso de narradores (Castelao e Blanco Amor). Xa para conmemorar o 150 aniversario de
Cantares gallegos, en 2013 editouse esta obrasó en versión rusa.
Elena Zernova traduciu obras de autores galegos vivos como
Xa vai o griffón no vento,
Noa e outras novelas de Alfredo Conde;
A lingua das bolboretas de Manuel Rivas e
Ser ou non deXurxo Borrazás; e tamén traduciu ao ruso obras de figuras da literatura
hispanoamericana (Juan Rulfo e García Márquez), da vasca (Bernardo Atxaga) e da catalá (Santiago
Rusiñol e Pere Calders).
Elena Zernovaé membro da Unión de Escritores de Rusia e dirixe o seminario dos tradutores
mozos no Pen Club. Como investigadora é autora de máis de 70 publicacións ciéntificas e presentou
relatorios en máis de 40 congresos internacionais.