Saltar ao contido principal
Xornal

www.biodiversidade.eu suma no seu primeiro ano de vida máis de 2.600 observacións de 262 especies vexetais e animais

O proxecto está aberto á participación das persoas interesadas

Actualizada: 07-10-2014 13:43
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
Máis de 2.600 observacións de 262 especies vexetais e animais conforman a plataforma www.biodiversidade.eu que promove o grupo de investigación do Departamento de Botánica na procura de desenvolver unha base de datos pero sobre todo crear unha comunidade de usuarios arredor da protección da biodiversidade galego-portuguesa. Así, este espazo web estará aberto a novas compartidas, á publicación de eventos relacionados co medio ambiente, difusión de roteiros, denuncia de ameazas ou á consulta de unidades didácticas.
 
Esta iniciativa está concibida como unha plataforma colaborativa aberta ao público interesado que, co apoio nas redes sociais (Biodiversidade Gz-Pt en Facebook e @biodiv-gnp) inicia agora unha nova etapa na que o proxecto pula por chegar ao maior número posible de persoas e así contribuír, de xeito colectivo, “á conservación dos nosos valores”, explica o director do grupo Santiago Ortiz Núñez.

Biodiversidade é o resultado do proxecto Biodiv_GNP, financiado con fondos FEDER do programa de cooperación transfronteiriza POCTEP. No referente á flora ameazada, eixo do proxecto orixinal desta proposta, a base de datos xa recolle a información coñecida sobre a presenzas das especies ameazadas e/ou endémicas, distribucións nas que se basearan os mapa das máis de 100 especies que incluirá o Libro Vermello de Flora Ameazada de Galicia e Norte de Portugal. Algunhas das citas incluídas sinalan novas poboacións ou núcleos de presenza, como os relativos a especies como Genista ancistrocarpa, Erodium maritimum, Rumex ruspestris, Xiphion boissieri e Succisa pinnatifida.