Saltar ao contido principal
Xornal  »  Unha mesa redonda debaterá a orixe galega de Cristóbal Colón a partir da revisión da documentación oficial

Unha mesa redonda debaterá a orixe galega de Cristóbal Colón a partir da revisión da documentación oficial

Actualizada: 24-10-2014 12:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
Unha mesa redonda na Facultade de Dereito da USC abrirá un debate sobre a figura de Cristóbal Colón a partir da análise da documentación oficial sobre a orixe galega do descubridor. Moderados pola profesora de Historia do Dereito Mª Teresa Bouzada Gil, participarán o divulgador e autor do libro Pedro Madruga-Cristóbal Colón. De Galicia al Nuevo Mundo, Aquilino Fariñas Godoy; o investigador e escritor Guillermo García de la Riega; e o presidente da Asociación Cristóbal Colón Galego, Eduardo Esteban. A xornada é de entrada libre e comezará ás 19.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito.
 
Ademais de realizar unha breve exposición da teoría que defende a orixe galega, e máis concretamente pontevedresa, de Colón a partir de diversa documentación, os participantes e membros da Asociación Cultural Cristóbal Colón Gallego presentarán á opinión público un documento localizado en datas recentes, o ‘Documento de Venta de A Puntada’. É un escrito notarial no que o Duque de Veragua Mariano Colón de Toledo vende unha propiedade emprazada en Porto Santo (Poio. Pontevedra), a escasa distancia da suposta casa natal de Cristóbal Colón.

Esta actividade enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a USC e a Asociación Cristóbal Colón Gallego.