Saltar ao contido principal
Xornal

Gabriel Rei-Doval, da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, repasou no ILG a historiografía da lingüística hispánica nos Estados Unidos

Actualizada: 27-11-2014 09:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O profesor Gabriel Rei-Doval, nun momento da súa conferencia
O profesor Gabriel Rei-Doval, do Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, fixo este mércores no Instituto da Lingua Galega un repaso pola historiografía da lingüística hispánica nos Estados Unidos, unha disciplina relativamente recente cuxa orixe se sitúa nos anos 50 do século XX e que agora comeza a ser recorrente nas investigacións do país americano.
 
Na súa exposición, Rei-Doval reflexionou acerca do papel da sociolingüística hispánica preguntándose se aspira a contribuír a renovar o paradigma da sociolingüística xeral con novos temas e aproximacións ou se, polo contrario, pretende seguir o ronsel do variacionismo laboviano. Firme defensor desta disciplina, defendeu que se integrase no organigrama de moitas universidades americanas, establecendo diálogo con outras áreas como poderían ser a lingüística, a antropoloxía, a socioloxía ou as linguas modernas.
 
O profesor Rei-Doval tivo tamén unha lembranza para a xeración fundacional da sociolingüística en Galicia, formada por Piñeiro, Alonso Montero e Rodríguez, e as xeracións seguintes, como González González, Monteagudo e Ramallo.