Saltar ao contido principal
Xornal

Un proxecto no que participan investigadores do ILG da USC acada a axuda da Fundación BBVA

Actualizada: 05-12-2014 13:54
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O investigador do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC Xulio Sousa participa nun dos únicos cinco proxectos que, dos 253 presentados, acadaron apoio na primeira edición de Axudas Fundación BBVA a Proxectos de Investigación en Humanidades dixitais.
 
Coordinado pola investigadora do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC Pilar García Mouton, o traballo desenvólvese en colaboración con investigadores de universidades e centros de investigación de España, Portugal e Canadá.
 
O proxecto está vinculado co de ‘Edición e elaboración dos materiais galegos do ALPI (Atlas Lingüístico de la Península Ibérica)’ que, baixo a dirección do profesor Xulio Sousa e o financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística, se desenvolve no ILG da USC desde 2011 co propósito de pór á disposición da comunidade científica os materiais do ALPI, un proxecto de xeografía lingüística iniciado a comezos do século pasado e aínda inconcluso.
 
A comisión avaliadora das propostas destacou o interese do Atlas Lingüístico Interactivo de la Península Ibérica por supoñer un avance substancial na renovación dos estudos de xeografía lingüística e por contribuír destacadamente ao coñecemento da variación dialectal de todas as linguas románicas peninsulares.