Saltar ao contido principal
Xornal

Noa e Hugo, os nomes máis habituais en Galicia nos últimos anos

O ILG ofrece unha web co ránking dos nomes máis populares entre 2000 e 2013

Actualizada: 18-12-2014 11:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago ofrece unha web interactiva co ránking e evolución dos nomes máis populares para nenos e nenas nacidos en Galicia entre 2000 e 2013 elaborada a partir de datos do padrón sobre estatística de nacementos. Ademais, inclúese algunha información as súas orixes etimolóxicas e o seu significado.
 
Os nomes de nenas que máis aumentaron a súa frecuencia foron Noa, Daniela e Carla, sendo Noa o nome máis frecuente en 2012 e 2013. Os nomes masculinos que se fixeron máis populares na última década foron Hugo (figura en primeiro lugar desde o 2008), Mateo e Nicolás. Tanto Noa como Hugo comezaron a ser máis frecuentes a partir da década de 1980 e especialmente a partir de 2000.
 
Os datos recollidos nesta ferramenta foron tirados da información que proporciona o Instituto Nacional de Estatística, e completados coa achega do Instituto Galego de Estatística. Os investigadores destacan que nomes tradicionais desde hai moitos anos como Manuel e María continúan a figurar na lista dos máis habituais. Entre os dez máis comúns aparecen tamén formas propias galegas como Brais, Antía ou Uxía, que nos últimos tempos se foron facendo máis habituais.
 
Esta información complementarase nos próximos meses cunha nova aplicación que permitirá coñecer a evolución dos nomes propios de persoa en Galicia nos últimos cen anos.