Saltar ao contido principal
Xornal

María Xosé Rodríguez Galdo comparece este luns no Senado na comisión de estudo sobre a despoboación en zonas de montaña

Actualizada: 09-01-2015 14:39
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

María Xosé Rodríguez Galdo

A catedrática e directora do Centro de Estudos Avanzados da USC, María Xosé Rodríguez Galdo, comparecerá no Senado este luns 12 de xaneiro, no marco da comisión especial de estudo sobre as medidas a desenvolver para evitar a despoboación en zonas de montaña.

 
A catedrática do Departamento de Historia e Institucións Económicas da USC aproveitará a súa intervención para amosar unha ollada global sobre as múltiples e complexas connotacións que ten a montaña nos eidos socioculturais, económico, xeográfico, demográfico...
 
O caso de Galicia e a realidade galega terán un destacado protagonismo na comparecencia de Rodríguez Galdo na comisión especial de estudo sobre as medidas para evitar a despoboación en zonas de montaña, un espazo no que reiterará a necesidade de adoptar medidas que contribúan tanto á protección do medio rural como á oferta de novas posibilidades que melloren a calidade dos seus habitantes.
 
A contribución das universidades, tanto das súas investigacións e estudos, como das iniciativas empresarias desenvolvidas nunha fase posterior e orientadas ao desenvolvemento local, serán outros dos argumentos esgrimidos por María Xosé Rodríguez Galdo na súa intervención no marco desta comisión especial creada na Cámara Alta.