Saltar ao contido principal
Xornal

Tres alumnas representarán a Galicia na Olimpíada Estatal de Economía

Actualizada: 10-04-2015 12:23
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

As gañadoras posando no Concello coas autoridades (Foto: Concello de Santiago de Compostela)
Tres rapazas representarán a Galicia en xuño na Olimpíada Estatal de Economía tras competir onte na  sexta edición da fase galega que cada ano ten lugar na Facultade compostelá de Económicas. A primeira clasificada foi Mercedes Diéguez Paniagua, da Compañía de María de Vigo; o segundo posto foi para Amalia Álvarez Vázquez, do IES Isaac Díaz Pardo de Sada; e en terceiro lugar quedou Sara Baamonde González, tamén da Compañía de María de Vigo.
 
A entrega de premios desta edición, a de maior éxito ata agora con 99 estudantes inscritos, tivo lugar este xoves no Concello de Santiago nun acto no que participaron o alcalde Agustín Hernández; o vicerreitor de Internacionalización da USC, Carlos Salgado; o presidente do Colexio de Economistas de Galicia, Miguel Vázquez; a concelleira de Educación, Maite Cancelo; e a decana do centro, Emilia Vázquez.