Saltar ao contido principal
Xornal

Conferencia ‘¿Por qué recordar, por qué esquecer? As vítimas da guerra civil e o franquismo na construción da democracia en España'

Este xoves ás 16.00 horas no Colexio Maior Rodríguez Cadarso

Actualizada: 13-05-2015 10:30
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
En torno á memoria histórica xirará a conferencia que o profesor Josep Gelonch, da Universidade de Girona, impartirá este xoves 14 ás 16.00 horas no salón de actos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso S/N, Campus Vida).
 
A conferencia, titulada ‘¿Por qué recordar, por qué esquecer? As vítimas da guerra civil e o franquismo na construción da democracia en España’, forma parte das actividades que organiza o grupo de investigación da USC Hispona que estuda os aspectos políticos, culturais e sociais do mundo urbano do século XX.
 
Josep Gelonch é doutor en historia contemporánea pola Universidade de Lleida e investigador posdoutoral na London School of Economics and Political Science.