Saltar ao contido principal
Xornal

Presentación en Santiago da nova edición do proxecto Talento 3.0

Actualizada: 02-06-2015 14:18
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
Un acto este mércores 3 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC porá o broche a unha serie de presentacións do Proxecto Talento 3.0 por toda Galicia. Na xornada prevista na USC intervirán o catedrático Jorge Mira e a xornalista e escritora María Solar para falar sobre o talento dende as súas propias experiencias vitais. Xunto a eles, o director xeral da Fundación Barrié, Javier López explicará a esencia e a programación deste ano para Talento 3.0, mentres que a directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC, Carmen Pomar, impartirá unha breve conferencia titulada ‘Sobre o talento: Kepler e as rotondas’.

A Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades e a Fundación Barrié desenvolverán por segundo ano consecutivo este proxecto que ten como obxectivo principal a formación do profesorado para unha mellor detección do talento nas aulas de educación infantil, primaria e secundaria. A fase formativa de Talento 3.0 celebrarase entre os días 22 e 25 de xuño en Santiago avalado pola Consellaría de Educación.