Saltar ao contido principal
Xornal

Dezaoito historiadores reflexionan sobre arte galega nunha publicación que se presenta o xoves

Actualizada: 24-06-2015 14:48
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O grupo de investigación Iacobus da USC presenta o xoves 25 ás 12.00 horas na Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia o libro La Huella Impresa, que se corresponde co oitavo número da serie ‘Opus Monasticorum’.
 
Na presentación participarán o vicerreitor de Comunicación e Coordinación, José
Pereira Fariña; a coordinadora do volume, Carla Fernández Martínez; o decano e o secretario da Facultade, Juan Monterroso e José Miguel Andrade Cernadas; e o editor Henrique Alvarellos.
 
En La huella impresa. Textos e imágenes para una historia del arte gallego dezaoito historiadores da arte –integrantes do grupo Iacobus– dan a coñecer as súas últimas investigacións que abren novos camiños na interpretación da arte galega. No volume, dirixido por Juan Monterroso, estudan o patrimonio desde a arquitectura, a estampa e a pintura contemporáneas e poñen en diálogo todas estas expresións artísticas coa aparición da imprenta.