Saltar ao contido principal
Xornal

Conferencia final do proxecto europeo Rural School Cloud

Crearon unha metodoloxía educativa apoiada na tecnoloxía iCloud adaptada ás necesidades das escolas rurais europeas

Actualizada: 05-10-2015 11:46
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo
O proxecto europeo Rural School Cloud, que resultou nunha metodoloxía educativa apoiada na tecnoloxía iCloud (nube) adaptada ás necesidades das escolas rurais europeas, celebra a vindeira semana na USC a súa reunión final. O resultado da investigación testouse en escolas rurais galegas, gregas, danesas, inglesas, macedonias e italianas con resultados importantes na colaboración entre profesorado (itinerante) e escolas, coordinación familia-escola e mellora do rendemento escolar e das competencias TIC do alumnado de infantil, primaria e secundaria obrigatoria.
 
En España Rural School Cloud é responsabilidade do grupo de Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago que lideran as profesoras Beatriz Cebreiro López e Carmen Fernández Morante e do Cesga, con Maria José Rodriguez Malmierca.
 
O día 10 terá lugar no Salón Nobre de Fonseca a conferencia final na que se difundirán os resultados e á que acudirán máis dun cento de docentes galegos e europeos, investigadores e técnicos do proxecto, futuros profesores e lexisladores educativos. Alí presentaranse as experiencias de dous anos de traballo “na nube” en seis países europeos e o produto final do proxecto: a Guía ‘Aprendendo na Nube’, que inclúe o software desenvolvido (nubes escolares)
 
Será un evento gratuíto para as persoas inscritas e aberto á participación activa desde todo o mundo a través de streaming en directo. Todas as persoas participantes no evento presencial recibirán un diploma de participación na xornada expedido pola USC e o CESGA. Así mesmo, os docentes que asistan terán esta actividade recoñecida pola Consellaría de Educación como actividade formativa de 8 horas.

 Dado que as prazas son limitadas, é precisa a inscrición en http://rsc-project.eu/index.php/final-conference-gl/#register_form.