Saltar ao contido principal
Xornal

Homenaxe en Física ao catedrático Carlos Pajares

Actualizada: 13-10-2015 11:42
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O catedrático de Física de Partículas da USC Carlos Pajares Vales recibirá este mércores 14 na Facultade de Física unha homenaxe por parte dos seus colegas e compañeiros co gallo da súa xubilación. 

O acto central desenvolverase a partir das 16.30 horas na aula magna do centro presidido polo Reitor Juan Viaño. Intervirán nel, ademais do propio profesor Pajares, o decano da Facultade de Física, Luis Miguel Varela Cabo, e os catedráticos Alfonso Vázquez Ramallo, Joaquín Sánchez Guillén e Luis Iglesias Feijoo. 

Na sesión matinal terá lugar unha reunión científica á que asistirán, entre outros, o director do Departamento Científico do European Research Council,  José María Fernández de Labastida; o Presidente da Comisión Executiva do sincrotrón de luz ALBA,  Ramón Pascual; os antigos xestores do Plan  Nacional de Altas Enerxías, José Bernabeu, Domenec Espriu, Juan Fuster e Francisco del Águila; o Premio Max Planck e Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, Pedro Etxenique; o Presidente do LIP de Lisboa e Delegado de Portugal no CERN, Gaspar Barreira, e o antiguo director da división de teoría nuclear do Brookhaven National Laboratory e do RIKEN-BNL Center,  Larry McLerran, e científicos de gran prestixio como, entre outros, Antonio Pich, Helmut Satz, Alfóns Capella, Mario Pimenta, Mikhail Braun e Jorge Dias de Deus.


Outras imaxes