Saltar ao contido principal
Xornal

Presentan na Universidade de Santiago o proxecto europeo sobre “Dinámicas Urbanas”

É un proxecto da convocatoria Erasmus +, no que participan investigadores da USC, de Kiel, Paris 8, Pernambuco e da Universidade de Salvador de Arxentina.

Actualizada: 19-10-2015 11:02
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Os promotores do proxecto “Dinámicas Urbanas” que vai ser financiado por Europa, no marco da convocatoria “Erasmus +” para 2015-17 e no que participan profesores e especialistas das Universidades de Santiago de Compostela, de Kiel (Alemaña), Paris 8 (Francia) e, como asociados extracomunitarios, a Universidade Federal de Pernambuco (Brasil) e a Universidade del Salvador (Arxentina).

Este proxecto é un dos primeiros Erasmus + concedidos a grupos de investigación destas Universidades, nas que traballan investigadores procedentes dos ámbitos das Ciencias Sociais e Humanidades, en especial Socioloxía, Xeografía, especialistas en crítica literaria e expertos en estudos culturais.

O proxecto pretende impulsar estudos de posgrao e máster sobre a cidade e os procesos de urbanización en Europa. figura tamén entre os seus obxectivo desenvolver perfiles profesionais urbanos con competencias técnicas y humanísticas sólidas para afirmarse como intermedio entre el perfil correspondente aos arquitectos eurbanistas e osasistentes-animadores sociais.

Os investigadores queren desarrollar un modelo de formación válido para xestionar os problemas territoriais, sociais e culturais aos que se enfrontarán no futuro as grandes cidades desde a previsión de su evolución, a partir da actualidade.

Para dar coñecer os pormenores, os obxectivos e contidos deste proxecto,  celebrase un acto público o vindeiro martes, día 20, ás 12 horas, no Centro de Estudos Avanzados da USC, no que participarán Javier Gómez-Montero, coordinador xeral, da Universidade de  Kiel; Anne-Marie Autissier, coordinadora da Universidade de París 8; Rubén Lois González, coordinador da Universidade; Anxo Abuín, coordinador adxunto da da USC, e os profesores Fernando Cabo e María José Piñeira. Estarán tamén neste acto as vicerreitoras de Investigación e Innovación e de Internacionalización, Isabel Rodríguez-Moldes e Almudena Hospido, respectivamente, e o secretario Xeral de Cultrua da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo