Saltar ao contido principal
Xornal

Redes sociais, patentes e a chegada do home á Lúa nunha nova sesión NerdNite

Actualizada: 17-11-2015 11:08
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Ciencia e diversión volverán encher este mércores 18 a noite compostelá. Será nunha nova sesión da NerdNite SCQ que se desenvolverá a partir das 21.30 horas na Nave de Vidán con tres suxestivas charlas.

Comezará o profesor de metodoloxía das ciencias do comportamento da USC Antonio Rial Boubeta con ‘Qué carallo teñen as redes sociais?’ e continuará o técnico da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC Fernando Pardo Seco con ‘Patentes e Star Wars: ¿por que o imperio perdeu a guerra?’. Rematará a xornada coa charla ‘Pero, ¿chegou o home realmente á Lúa?, de Caledonio Fernández Rodríguez, licenciado en Física pola USC.

N erd
As NerdNites naceron hai anos en Estados Unidos, unha proposta orixinal á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.