Saltar ao contido principal
Xornal

A USC participa nun proxecto europeo para mellorar o coñecemento sobre enfermidades de etioloxía viral na vide

Actualizada: 26-01-2016 12:10
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

De esquerda a dereita, Antonio Segura Iglesias, Cristina Cabaleiro Sobrino e Julián García Berrios

Investigadores da Universidade de Santiago participan no proyecto PAThOGEN  (Training ProgrAmme TO improve GrapEviNe virus knowledge and management) que ten como obxectivo mellorar o coñecemento sobre enfermidades de etioloxía viral na vide para conseguir unha mellor xestión dese tipo de doenzas. O grupo da USC, de Viticultura e Sanidade Vexetal, está formado por Antonio Segura Iglesias, Cristina Cabaleiro Sobrino e Julián García Berrios.

O proxecto co financiado polo programa Erasmus+ CE está coordinado desde Francia por investigadores do IFV (Institut Français de la vigne et du vin) e, ademais do grupo da USC e a Fundación Empresa Universidade de Galicia (FEUGA), participan nel investigadores de Italia (CREA, Consiglio per la ricerca per la agricultura e l´analise dell´economía agraria;  HORTA s.r.l., spin-off da Universitá Católlica del Sacro Cuore, Milán).

A súa actividade diríxese a todos os ámbitos do sector vitícola (viticultores, técnicos asesores, funcionarios de sanidade vexetal, técnicos de casas comerciais, viveiristas, investigadores en formación e alumnado), a quen se lles ofrecerá cursos en liña interactivos que serán posteriormente reforzados con adestramento en sesións de campo.

Os grupos desenvolverán ata 2018 diversos cursos piloto nos que ademais dun nivel básico e outro avanzado haberá un terceiro para pór a disposición dos técnicos asesores a posibilidade de xestionar a súa propia formación e mellorar así o servizo que prestan aos viticultores.