Saltar ao contido principal
Xornal  »  O programa de talento matemático Estalmat PI-Galicia despide este sábado a promoción de 2013

O programa de talento matemático Estalmat PI-Galicia despide este sábado a promoción de 2013

Actualizada: 12-02-2016 14:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A promoción de 2013 do proxecto ESTALMAT PI-Galicia para ESTímulo do TALento MATemático celebra este sábado 13 o seu acto de despedida na Aula Magna da Facultade de Matemáticas. ESTALMAT PI é un programa bianual que se lle ofrece ao alumnado que remata os dous primeiros cursos de ESTALMAT para que non perdan o contacto e a afección polas matemáticas.

O evento, que servirá ademais como clausura do curso 2015-16, estará presidido polo reitor e presidente de Estalmat-Galicia, Juan Viaño, que ás 10.30 horas pronunciará xunto coa coordinadora xeral de Estalmat-Galicia, Elena Vázquez Cendón, a conferencia ‘As matemáticas como profesión hoxe’ na que, entre outras cuestións, achegarán breves biografías de mulleres referentes nas Matematicas tanto no eido internacional como galego e estatal, aproveitando que onte se celebraba o Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

Ao remate da charla, sobre as 12.00 horas, terá lugar o acto de despedida dos 23 participantes, 8 nenas e 15 nenos, que estarán acompañados das súas familias, e no que ademais do reitor e de Vázquez Cendón participarán o presidente de AGAPEMA, Julio Rodríguez Taboada; a presidenta de SGAPEIO, Esther López Vizcaíno; e a coordinadora de familias de Estalmat-Galciia, Covandonga Rodríguez-Moldes Rey. 

Seleccionados polas súas aptitudes matemáticas avanzadas, os e as integrantes da promoción de Stalmat PI asistiron durante en doce sesións ás actividades de proxecto adaptadas ao desenvolvemento do seu talento logo de xa ter participado nos dous cursos do programa Estalmat. Estas actividades  impártense as mañás dos sábados na Facultade de Matemáticas por un equipo docente de máis de 40 profesores de recoñecida competencia e especialmente formados para este cometido.