Saltar ao contido principal
Xornal

O Campus Terra da USC forma estudantes e docentes europeos en restauración de solos degradados co proxecto Landcare

Andrés Barreiro, Agustín Merino e Tomás Cuesta ofeceron este luns unha recepción na Escola Politécnica aos estudantes e docentes europeos que participan no programa

Actualizada: 04-04-2016 14:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cuesta, Barreiro e Merino dan a benvida na EPS a participantes no curso de restauración de solos degradados

O Campus Terra da USC forma a estudantes e investigadores europeos na restauración e recuperación de solos de zonas degradados (incendios, dunas, contaminación, áreas húmidas...) a través dun curso intensivo de dúas semanas de duración e incluído no proxecto europeo Landcare (Land degradation and rehabilitation in mediterranean environments enhancing rural development and young employability). Neste programa, que conta con 265.000 euros de financiamento da UE a través do programa ERASMUS +KA203 - Strategic Partnerships for higher education), participan catro universidades e outras tantas empresas de Portugal, Italia, Grecia e España.  

 
O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro; o profesor da USC e coordinador do proxecto Landcare, Agustín Merino, e o director da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, Tomás Cuesta, ofreceron este luns unha recepción aos 16 estudantes e profesores de Portugal, Italia, Grecia y España que tomarán parte no neste curso intensivo sobre restauración de zonas degradadas e que se prolongará durante 15 días.
 
Este seminario específico de carácter intensivo intensivo, en cuxa docencia participan profesores e investigadores dos departamentos de Edafoloxía e Química Agrícola e de Botánica da USC, ademais de técnicos das áreas de Orientación Laboral, Emprendemento e do Centro de Estudos de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), inclúe saídas ao campo, ademais de sesións prácticas que se desenvolven en laboratorio.
 
As persoas inscritas para completar este curso deberán superar ademais destas sesións presenciais un módulo forte de e-learning e outras actividades formativas de desenvolvemento e empregabilidade, tal e como explicou Merino García na xornada de apertura desta acción, que pretende a formación de técnicos especializados na recuperación e restauración de áreas de solo degradadas.
  
O principal obxectivo do programa Landcare, un proxecto de innovación educativa pasa por superar as limitacións humanas e técnicas na ensinanza e e tamén na aprendizaxe de cuestións ligadas á restauración de solos a través da colaboroación internacional e do e-learning.
 
Daquela, este programa europeo conta con diferentes actividades, entre as que destacan accións de formación de profesorado (intercambio de boas prácticas, ferramentas e-learning; desenvolvemento de materiais, tales como pode ser a un libro educativo sobre aspectos de restauración e vídeos para facer un MOOC. A formación de alumnos a través dun curso piloto e de prácticas en empresas, ademais da realización de actividades de difusión, tales como seminarios internacionais abertos a todas as universidades, constitúen outras das accións contempladas ao abeiro dun programa que entende a recuperación de solos como unha oportunidade para recuperar e crear riqueza, ademais de mellorar a taxa de emprego entre a mocidade.
 
O proxecto Landcare é especialmente importante para Galicia, segundo subliñou o profesor Agustín Merino, quen precisou que a comunidade galega á rexión de Europa máis afectada por los incendios, ao tempo que acubilla no seu territorio unha gran zona costeira con diferentes graos de conservación. Para a USC, a coordinación e o desenvolvemento supón reforzar a medio prazo as capacidades que permitan organizar un máster internacional o un doutoramento europeo sobre esta temática.