Saltar ao contido principal
Xornal  »  O Grupo Especializado en Taxonomía, Filoxenia e Biodiversidade da SEM celebra na USC o seu XVI congreso

O Grupo Especializado en Taxonomía, Filoxenia e Biodiversidade da SEM celebra na USC o seu XVI congreso

Actualizada: 08-06-2016 11:32
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O Grupo Especializado en Taxonomía, Filoxenia e Biodiversidade da Sociedade Española de Microbioloxía (SEM) celebra dende este mércores 8 e ata o venres o seu XVI Congreso na Aula Magna da Facultade Bioloxía. Esta é a segunda vez que o encontro ten lugar en Santiago, organizado polo grupo liderado polo catedrático da USC e presidente do grupo especializado dende 2015, Jesús L. Romalde.

A inauguración do congreso estará presidida ás 16.00 horas pola vicerreitora de Investigación e Innovación, Isabel Rodríguez-Moldes, e nela participarán tamén o presidente da SEM, o profesor da Universidade de Sevilla Antonio Ventosa; o decano da Facultade de Bioloxía, Antonio Segura; e o profesor Jesús L. Romalde. 

A continuación, a investigadora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (INTECMAR) Yolanda Pazos pronunciará a conferencia inaugural, que versará sobre taxonomía e diversidade de fitoplancto, con especial énfase nas especies produtoras de biotoxinas. Pola súa banda, Margarita Aguilera, da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) e da Universidade de Granada, centrará o seu relatorio en aspectos de taxonomía microbiana e seguridade alimentaria. 

O programa inclúe ademais sesións que abranguen os diferentes campos nos que a taxonomía microbiana está representada, dando especial protagonismo aos novos investigadores.  

Un workshop titulado ‘Art of Science Communication’ e patrocinado pola American Society for Microbiology (ASM), representada pola súa embaixadora en España, María José Figueras, completa o programa da reunión.